Nivel: 6º de Educación Infantil
24 alumnos/as
O SER HUMANO NO NEOLÍTICO E NA IDADE DOS METAIS
Con motivo de relacionar as nosas aprendizaxes cun proxecto global definido pola Biblioteca Escolar decidimos centrarnos no estudo do ser humano na prehistoria. Durante o primeiro trimestre focalizamos o estudo na época Paleolítca, continuando, parte do segundo trimestre na época do Neolítico e Idade dos Metais. De tal xeito que ao longo do itinerario definimos os seguintes obxectivos:
- Fomentar a cooperación e a creatividade.
- Adquirir sentido da iniciativa e o emprendemento.
- Coñecer os rasgos principais do ser humano no Neolítico e Idade dos Metais.
- Sensibilizar cara os grandes inventos e revolucións destas épocas que herdamos na actualidade.
- Abrir o centro escolar como espazo de investigación.
- Respectar e valorar as diferenzas entre sociedades e culturas.
- Mellorar o nivel das Competencias Básicas.
- Asociar aprendizaxes e poñelos en práctica.
- Fomentar a capacidade de observación e análise.
ORGANIZACIÓN DA AULA
Aproveitamos a creación do recuncho de investigación, xa elaborado no anterior itinerario educativo, e compilamos diversos recursos que estaban relacionados co obxecto de estudo.
(@ospitinos BY-NC-SA)
Alén diso, continuamos coa división en equipos de traballo, e reorganizámolos en función dos seguintes criterios:
- igualdade de xénero.
- diversidade no aprendizaxe, fomentando a equidade de niveis.
- evitar a conflictividade social.
- recunchos establecidos na aula (zona de xogos, zona de arte, zona de quebracabezas, zona de construccións, estanterías, mobles de almacenamento, etc)
- movilidade das personas dentro da aula
(@helgavr BY-NC-SA)
Non obstante, renomeamos a nomenclatura dos grupos, posto que tanto na época Neolítica como na Idade dos Metais, o ser humano, ao ser sendentario, vive en aldeas ou pequenas comunidades. Deste modo, trasladamos dita organización social ás construccións arquitectónicas típicas destas épocas en Galicia, OS CASTROS:
ELVIÑA, BAROÑA E BORNEIRO
(@ospitinos BY-NC-SA)
METODOLOXÍA
O enfoque que se pretendeu foi un enfoque didáctico baseado no TRABALLO COLABORATIVO E COOPERATIVO; de tal modo que, as actividades que a continuación se presentan foron desenvolvidas en gran grupo, pequeno grupo, por parellas ou de xeito indivudual, segundo as necesidades das mesmas.
TAREFAS
1.Creación dunha cabana ou choza, para incidir e reflexionar sobre o cambio de vivenda que se producíu nesta época, e sobre todo, entender que o ser humano pasar a ser SEDENTARIO, en contra do anterior: cazador e recolector.
(@ospitinos BY-NC-SA)
2. Analizamos o material do cal se dispón na escola e localizamos en Google Maps en que lugares se atopan Os Castros mais próximos á nosa escola ou emblemáticos, os cales, son os que dan nome aos nosos equipos.
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
4. Centrámonos nos elementos arqueolóxicos que foron atopados nos castros, tales como, escudos, espadas, cerámica, ferramentas, así como nas xoias e elementos de decoración, como eran os TORQUES:
(@ospitinos BY-NC-SA)
5. Tentamos ir de excursión ao CASTRO DE ELVIÑA, xa que é o mais próximo á nosa escola. Anteriormente da visita, localizámolo en Google Maps e reflexionamos sobre en que medio de transporte podemos ir ata el, canto tempo nos levaría, cal é o medio mais rápido e mais lento, que percorrido podemos seguir e a que distancia está do noso colexio.
(@ospitinos BY-NC-SA)
6. Por último, e para ligalo co seguinte itinerario educativo, HORTALIZAS E APEIROS DE LABRANZA, facemos fincapé nos inventos e descubrimentos que fixeron os seres humanos da época Neolítca e a Idades dos Metais, entre eles: a roda, a cerámica, o uso do metal, o tear, pero sobre todo, a AGRICULTURA E GANDERÍA.
(@ospitinos BY-NC-SA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario