Nivel: 6º de Educación Infantil
24 alumnos/as
CONSTRUÍMOS UNHA HORTA
Con motivo de relacionar as nosas aprendizaxes cun proxecto global definido pola Biblioteca Escolar, titulado As plantas que nos rodean, decidimos centrarnos no estudo do horto e das hortalizas. Deste modo, e construíndo un fío conductor durante o primeiro trimestre focalizamos o estudo na Prehistoria e no Paleolítico, continuando, parte do segundo trimestre na época do Neolítico e Idade dos Metais, e así relacionalo cos grandes inventos que se sucederon nesa época, e en concreto, a agricultura e a gandería. De tal xeito que ao longo do itinerario definimos os seguintes obxectivos:
- Fomentar a cooperación e a creatividade.
- Adquirir sentido da iniciativa e o emprendemento.
- Coñecer os vexetais, e en concreto, as hortalizas.
- Sensibilizar cara o coidado das plantas e dos vexetais.
- Abrir o centro escolar como espazo de investigación.
- Respectar e valorar as diferenzas entre sociedades e culturas.
- Mellorar o nivel das Competencias Básicas.
- Asociar aprendizaxes e poñelos en práctica.
- Fomentar a capacidade de observación e análise.
ORGANIZACIÓN DA AULA
Aproveitamos a creación do recuncho de investigación, xa elaborado no anterior itinerario educativo, e compilamos diversos recursos que estaban relacionados co obxecto de estudo.
(@ospitinos BY-NC-SA)
Alén diso, continuamos coa división en equipos de traballo, e reorganizámolos en función dos seguintes criterios:
- igualdade de xénero.
- diversidade no aprendizaxe, fomentando a equidade de niveis.
- evitar a conflictividade social.
- recunchos establecidos na aula (zona de xogos, zona de arte, zona de quebracabezas, zona de construccións, estanterías, mobles de almacenamento, etc)
- movilidade das personas dentro da aula
(@helgavr BY-NC-SA)
Non obstante, renomeamos a nomenclatura dos grupos, desta vez con nomes de insectos que habitan na horta.
MIÑOCA, VERME E CARACOL
(@ospitinos BY-NC-SA)
METODOLOXÍA
O enfoque que se pretendeu foi un enfoque didáctico baseado no TRABALLO COLABORATIVO E COOPERATIVO; de tal modo que, as actividades que a continuación se presentan foron desenvolvidas en gran grupo, pequeno grupo, por parellas ou de xeito indivudual, segundo as necesidades das mesmas.
TAREFAS
1. ANÁLISE E OBSERVACIÓN DA INFORMACIÓN que as familias achegaron á escola.
(@ospitinos BY-NC-SA)
2. Creación dun LIBRO DE HORTALIZAS, onde unha vez estudadas e analizadas escribimos as nosas conclusións. Os apartados a resaltar eran: nome da hortaliza, cor externa, cor interna, e curiosidades ou calquera tipo de información que aprendimos sobre a mesma:
(@ospitinos BY-NC-SA)
3. Análise das hortalizas que podemos cultivar na nosa horta. A través de diferentes CONTOS nos que tratan ou teñen un papel protagonista as hortalizas comezamos o estudo das mesmas, para así saber das súas propiedades e características. Posteriormente, tocamos, ulimos e observamos cada unha delas:
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
Nalgunhas ocasións tamén FIXEMOS MANUALIDADES, disfrazámonos e gozamos experimentando e emocionándonos:
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
Noutras ocasións, ao cortar as hortalizas para observalas por dentro, posteriormente tentamos de encaixalas outra vez, a modo de QUEBRACABEZAS.
(@ospitinos BY-NC-SA)
Por outra banda, tamén relacionamos as hortalizas con cantigas, como é o caso do tomate coa CANTIGA "O Tomate" do grupo "Mamá cabra" que amosamos a continuación.
(@ospitinos BY-NC-SA)
No referente aos contos e cantigas que empregamos relacionadas coas hortalizas a tratar, destacamos os seguintes RECURSOS:
(@helgavr BY-NC-SA)
4. Por outra banda, analizamos os ANIMAIS que viven na horta e cales deles poden ser nalgunhas ocasións indexesados para os nosos cultivos:
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
5. Alén diso, pensamos en como podemos construír unha horta e que elementos precisamos, entre eles, a AUGA. Reflexionamos en como podemos evitar a presenza de animais non desexados e pensamos nas consecuencias do uso de insecticidas e como afectan eses produtos aos cultivos e a agua. Para iso, observamos a través de diferentes EXPERIMENTOS como é o ciclo da agua nas plantas e como lles afecta a CONTAMINACIÓN:
(@ospitinos BY-NC-SA)
6. CONSULTAMOS A PRENSA E ESCOLLEMOS NOVAS que tratasen sobre as hortalizas. Pensamos que quere dicir o seu titular, así como se configura unha nova. Posteriormente, tentamos ser xornalistas e facemos as nosas propias novas.
(@ospitinos BY-NC-SA)
7. Por outra banda, continuamos pensando en como construír un horto e en que elementos precisamos, entre eles, un ESPANTALLO, empregando o conto "Espantallo amigo" da Editorial Kalandraka, e decoramos a porta da nosa aula con dita temática.
(@ospitinos BY-NC-SA)
8. Continuando coa formación de como cultivar unha horta, INVITAMOS A NAIS E PAIS EXPERTOS na materia para que nos aconsellasen que pasos son necesarios para conseguir o noso obxectivo. Deste modo, realizaron diferentes relatorios nos que trataban diferentes procesos que foron necesarios seguir nunha futura horta:
(@ospitinos BY-NC-SA)
9. Xa preparados para CONSTRUÍR A NOSA HORTA, analizamos e escollimos os APEIROS de labranza mais axeitados para as nosas circunstancias.
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
A continuación, decidimos cal sería o lugar onde iríamos a plantar, para que, posteriormente, coa axuda dos nosos/as mestres/as arranxásemos o terreo.
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
TRANSPORTAMOS OS BROTES que imos plantar, e limpamos o terreo de malas herbas.
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
FACEMOS BURATOS na terra e introducimos os brotes nos mesmos, para, despois tapalos con coidadiño con mais terra.
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
REGAMOS a cotío e coidamos as plantas.
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
Por último, COLOCAMOS CARTEIS CIFRADOS CON CÓDIGOS QR. Queredes saber que hortalizas plantamos? Achegarémonos á nosa horta cos nosos dispositivos móbiles e descubriremos grandes sorpresas.
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
10. Tentamos DECODIFICAR OS CÓDIGOS QR colocados na nosa horta e empregamos as NNTT para aprender. Alén diso, tentamos de rexistrar a experiencia a través de diferentes aparellos tecnolóxicos que nos foron emprestados.
Posteriormente deixamos constancia do proceso e das nosas aprendizaxes a través da creación de tarefas escritas.
12. Non nos esquecemos que as hortalizas foron o recurso principal en varias obras de arte creadas por ARCIMBOLDO. Analizamos a súa obra e tentamos de emulalo.
13. Continuamos gozando empregando as froitas e as verduras dun xeito divertido. Facemos EQUILIBRIOS E MALABARISMOS con elas.
(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)
Posteriormente deixamos constancia do proceso e das nosas aprendizaxes a través da creación de tarefas escritas.
(@ospitinos BY-NC-SA)
11. Reflexionamos sobre que podemos facer unha vez a nosa horta comece a dar os seus froitos, entre elas, facer zume de hortalizas, como é o ZUME DE CENORIA.
(@ospitinos BY-NC-SA)
12. Non nos esquecemos que as hortalizas foron o recurso principal en varias obras de arte creadas por ARCIMBOLDO. Analizamos a súa obra e tentamos de emulalo.
(@ospitinos BY-NC-SA)
13. Continuamos gozando empregando as froitas e as verduras dun xeito divertido. Facemos EQUILIBRIOS E MALABARISMOS con elas.
(@ospitinos BY-NC-SA)
14. Sen esquecernos das NNTT, iniciámonos na lectoescritura co noso ESCORNABOT. Tentamos de construír frases e oracións nas que os elementos protagonistas son as hortalizas da nosa horta.
(@ospitinos BY-NC-SA)
15. Sen esquecernos da EDUCACIÓN EMOCIONAL, observamos como podemos conectar as hortalizas coas nosas emocións, e representar as mesmas, ben artísticamente, en esculturas, como amosalas na nosa faciana ou de xeito oral. Para iso, empregamos o conto, Que tal vexetal? Alimentos con sentimentos.
16. Por último, e ao mesmo tempo que desenvolvimos as actividades anteriormente descritas visualizamos contos, cantigas, poemas, información e xogos varios que compilamos no seguinte SYMBALOO e que a través das nosas redes compartimos coas familias, para que nas nosas casas tamén puidésemos aprender.
En calquera caso, a día de hoxe continuamos conservando e coidando o noso horto, á espera de que dea os seus froitos e por suposto, estamos debatindo que unha vez teñamos as nosas hortalizas, QUE FAREMOS CON ELAS?...
Non queremos pasar a ocasión de agradecer os libros emprestados pola Biblioteca da nosa escola, así como pola Biblioteca Pública Miguel González Garcés, sen os mesmo, estre proxecto non sería posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario