Fotografía: Cris Andina.
Carmen Rey é unha cantante de jazz, compositora, arranxista e profesora de canto moderno.
No referente á súa formación estudou canto moderno e improvisación na Escuela de Música Creativa, harmonía e improvisación na Escuela Estudio e piano no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Ao longo da súa traxectoria asiste a numerosos cursos e xornadas relacionadas coa música moderna e novas metodoloxías de canto vocal, como son os correspondentes ao Estill Voice Training, entre outros.
Na actualidade ten unha banda propia coa que interpreta temas de jazz, soul, R&B ou funk. É directora do coro SISTERS IN THE HOUSE, integrado exclusivamente por mulleres; tamén desenvolve o seu labor musical como arranxista e vocalista do trío GOSPEL 3 e do cuarteto vocal EJAZZ, co que recibiu o Premio da Música Martín Códax na modalidade de música vocal. No seu longo rumbo musical, formou parte da Xosé Manuel Budiño e colaborou con Nani García, entre outros músicos ilustres. Os seus traballos discográficos propios son: Fuera (2004); Meu (2009); Mañá (2016).

No hay comentarios:
Publicar un comentario