Mostrando entradas con la etiqueta Proyectos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proyectos. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de junio de 2017

ITINERARIO EDUCATIVO-O MERCADO

Nivel: 6º de Educación Infantil

24 alumnos/as

MONTAMOS UN MERCADO


Con motivo de relacionar as nosas aprendizaxes cun proxecto global definido pola Biblioteca Escolar, titulado As plantas que nos rodean, no segundo trimestre decidimos centrarnos no estudo do horto e das hortalizas.  Deste modo, e construíndo un fío conductor dende o primeiro trimestre no que estudamos o Paleolítico, o Neolítico e a Idade dos Metais, relacionámolo cos grandes inventos que se sucederon nesa época,  (a agricultura e a gandería). De tal xeito que, nesta última parte do curso xurdiu o interrogante de que se pode facer cos produtos que cultivamos no noso horto. A resposta levounos a investigar sobre os supermercados e prazas de abastos, de modo que ao longo do itinerario definimos os seguintes obxectivos:

  • Fomentar a cooperación e a creatividade.
  • Adquirir sentido da iniciativa e o emprendemento.
  • Coñecer as tendas e os mercados do barrio.
  • Sensibilizar cara o consumo responsable e o coidado do medio ambiente.
  • Abrir o centro escolar como espazo de investigación.
  • Respectar e valorar as diferenzas entre sociedades e culturas.
  • Mellorar o nivel das Competencias Básicas.
  • Asociar aprendizaxes e poñelos en práctica.
  • Fomentar a capacidade de observación e análise.


ORGANIZACIÓN DA AULA

Aproveitamos a creación do recuncho de investigación, xa elaborado nos anteriores itinerarios educativos, e compilamos diversos recursos que estaban relacionados co obxecto de estudo.

(@ospitinos BY-NC-SA)

Alén diso, continuamos coa división en equipos de traballo, e reorganizámolos en función dos seguintes criterios:


  • igualdade de xénero.
  • diversidade no aprendizaxe, fomentando a equidade de niveis.
  • evitar a conflictividade social.
  • recunchos establecidos na aula (zona de xogos, zona de arte, zona de quebracabezas, zona de construccións, estanterías, mobles de almacenamento, etc)
  • mobilidade das personas dentro da aula

(@helgavr BY-NC-SA)


METODOLOXÍA


O enfoque que se pretendeu foi un enfoque didáctico baseado no TRABALLO COLABORATIVO E COOPERATIVO; de tal modo que, as actividades que a continuación se presentan foron desenvolvidas en gran grupo, pequeno grupo, por parellas ou de xeito indivudual, segundo as necesidades das mesmas.


TAREFAS

1.  PETICIÓN DE COLABORACIÓN ás familias para que achegaran á escola envases baleiros de produtos de alimentación ou doutro tipo. Posteriormente, CLASIFICAMOS ESES PRODUTOS co obxectivo de reflexionar como se organizan nun supermercado, e así, poder XOGAR con eles.

(@ospitinos BY-NC-SA)

2. Creación dos elementos necesarios para poder mercar e vender os artículos que atopamos no mercado e que eran precisos para montar o noso xogo.

(@ospitinos BY-NC-SA)

3. Unha vez que tivemos todo listo para o noso mercado, comezamos a mercar e vender as cousas que trouxemos da casa, e así puidemos practicar todo o que sabemos sobre as matemáticas. Fixemos ata unha FESTA DE INNAGURACIÓN:

(@ospitinos BY-NC-SA)

4. Continuando coa formación de como funciona un supermercado, INVITAMOS A NAIS E PAIS RELACIONADOS CON TENDAS DE ALIMENTACIÓN  para que nos aconsellasen e amosasen como funciona un supermercado. Por outra banda, tamén aprendimos cales son as funcións da xente que alí traballa, e mais concretamente, de toda a formación necesaria para atender aos clientes na peixaría.

(@ospitinos BY-NC-SA)

5. Por outra banda, empregamos numerosos CATÁLOGOS DE ALIMENTACIÓN para aprender a clasificación  dos alimentos e facer a lista da compra.:

(@ospitinos BY-NC-SA)

6. Alén diso, tamén VISITAMOS A PRAZA DE ABASTOS mais próxima á nosa escola:  O MERCADO DE ELVIÑA. Alí, observamos os diferentes postos de alimentación e tendas, como están identificados os alimentos e o seu prezo, así como se respecta a quenda de atención ao cliente, entre outras cousas. 

(@ospitinos BY-NC-SA)

7. Cando decidimos que xa era o momento de pechar o noso mercado, preguntámonos que se podía facer cos restos dos envases e co lixo. APRENDIMOS A CLASIFICAR os envases, os produtos orgánicos, o vidro e o papel. Tamén aprendimos por qué se fai todo iso, así como as tres "R" (reducir, reusar e reciclar):

(@ospitinos BY-NC-SA)



9.  Ao mesmo tempo que aprendimos todo isto sobre o mercado continuamos coidando da nosa horta, e unha vez que conseguimos cultivar diferentes hortalizas, preguntámonos que podiamos facer con elas. A resposta pasou por MONTAR O NOSO PROPIO MERCADO e tentar vendelas. Xa recollidos os produtos que cultivamos no noso ecolóxico horto escolar, invitamos ás familias a achegarse á nosa recreación. Previamente, indicamos o camiño para achegarse ao mercado e elaboramos os carteis cos nomes dos produtos, así como o seu prezo convertido en "euro-pitiños". Repartímonos as tarefas:mentres uns xestionaban a oficiña de troco de cartos, outros encargábanse de atender aos clientes, envolver a compra ou facer o ticket.

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)


10.  Durante a nosa visita ao mercado aprendimos moitas cousas sobre os postos de alimentación e as persoas que os rexentan, polo que decidimos crear os nosos propios contidos, é dicir, creamos e compartimos coñecemento. Para iso, empregamos as Novas Tecnoloxías, entre elas, dispositivos móbiles emprestados cos que gravamos diferentes vídeos con toda a información que sabiamos sobre os comerciantes e as súas tendas.


(@ospitinos BY-NC-SA)

Unha vez editados os vídeos, encriptámolos nuns CÓDIGOS QR  que plasmamos nuns carteis, e así poder codificalos cos nosos dispositvos.

(@ospitinos BY-NC-SA)

Finalmente, voltamos ao mercado e amosamos aos comerciantes as nosas creacións. Alén diso, tamén lles ensiamos como empregar os seus dispositivos para poder acceder aos contidos. A nosa intención é que o noso traballo estea exposto nas súas tendas e que a información que contén poida ser consultada por toda a comunidade.

(@ospitinos BY-NC-SA)

11.  Por último, e xa case no verán, continuamos recollendo produtos da nosa horta, mais concretamente, amorodos. Neste caso, non os puxemos á venda e gardámolos no conxelador para facer XEADO DE AMORODO. Misturamos os nosos amorodos xeados con iogur, azucre e batímolo.

(@ospitinos BY-NC-SA)

lunes, 17 de abril de 2017

ITINERARIO EDUCATIVO- HORTO

Nivel: 6º de Educación Infantil

24 alumnos/as

CONSTRUÍMOS UNHA HORTA


Con motivo de relacionar as nosas aprendizaxes cun proxecto global definido pola Biblioteca Escolar, titulado As plantas que nos rodean, decidimos centrarnos no estudo do horto e das hortalizas.  Deste modo, e construíndo un fío conductor durante o primeiro trimestre focalizamos o estudo na Prehistoria e no Paleolítico, continuando, parte do segundo trimestre na época do Neolítico e Idade dos Metais, e así relacionalo cos grandes inventos que se sucederon nesa época, e en concreto, a agricultura e a gandería. De tal xeito que ao longo do itinerario definimos os seguintes obxectivos:

  • Fomentar a cooperación e a creatividade.
  • Adquirir sentido da iniciativa e o emprendemento.
  • Coñecer os vexetais, e en concreto, as hortalizas.
  • Sensibilizar cara o coidado das plantas e dos vexetais.
  • Abrir o centro escolar como espazo de investigación.
  • Respectar e valorar as diferenzas entre sociedades e culturas.
  • Mellorar o nivel das Competencias Básicas.
  • Asociar aprendizaxes e poñelos en práctica.
  • Fomentar a capacidade de observación e análise.


ORGANIZACIÓN DA AULA

Aproveitamos a creación do recuncho de investigación, xa elaborado no anterior itinerario educativo, e compilamos diversos recursos que estaban relacionados co obxecto de estudo.


(@ospitinos BY-NC-SA)

Alén diso, continuamos coa división en equipos de traballo, e reorganizámolos en función dos seguintes criterios:


  • igualdade de xénero.
  • diversidade no aprendizaxe, fomentando a equidade de niveis.
  • evitar a conflictividade social.
  • recunchos establecidos na aula (zona de xogos, zona de arte, zona de quebracabezas, zona de construccións, estanterías, mobles de almacenamento, etc)
  • movilidade das personas dentro da aula

(@helgavr BY-NC-SA)

Non obstante, renomeamos a nomenclatura dos grupos, desta vez con nomes de insectos que habitan na horta.  

MIÑOCA, VERME E CARACOL

(@ospitinos BY-NC-SA)


METODOLOXÍA


O enfoque que se pretendeu foi un enfoque didáctico baseado no TRABALLO COLABORATIVO E COOPERATIVO; de tal modo que, as actividades que a continuación se presentan foron desenvolvidas en gran grupo, pequeno grupo, por parellas ou de xeito indivudual, segundo as necesidades das mesmas.


TAREFAS

1. ANÁLISE E OBSERVACIÓN DA INFORMACIÓN que as familias achegaron á escola.

(@ospitinos BY-NC-SA)

2. Creación dun LIBRO DE HORTALIZAS, onde unha vez estudadas e analizadas escribimos as nosas conclusións. Os apartados a resaltar eran: nome da hortaliza, cor externa, cor interna, e curiosidades ou calquera tipo de información que aprendimos sobre a mesma:


(@ospitinos BY-NC-SA)


3. Análise das hortalizas que podemos cultivar na nosa horta. A través de diferentes CONTOS nos que tratan ou teñen un papel protagonista as hortalizas comezamos o estudo das mesmas, para así saber das súas propiedades e características. Posteriormente, tocamos, ulimos e observamos cada unha delas:
(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)

Nalgunhas ocasións tamén FIXEMOS MANUALIDADES, disfrazámonos e gozamos experimentando e emocionándonos:

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)

Noutras ocasións, ao cortar as hortalizas para observalas por dentro, posteriormente tentamos de encaixalas outra vez, a modo de QUEBRACABEZAS.

(@ospitinos BY-NC-SA)

Por outra banda, tamén relacionamos as hortalizas con cantigas, como é o caso do tomate coa CANTIGA "O Tomate" do grupo "Mamá cabra" que amosamos a continuación.

(@ospitinos BY-NC-SA)




No referente aos contos e cantigas que empregamos relacionadas coas hortalizas a tratar, destacamos os seguintes RECURSOS:

(@helgavr BY-NC-SA)

4.  Por outra banda, analizamos os ANIMAIS que viven na horta e cales deles poden ser nalgunhas ocasións indexesados para os nosos cultivos:

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)

5. Alén diso, pensamos en como podemos construír unha horta e que elementos precisamos, entre eles, a AUGA. Reflexionamos en como podemos evitar a presenza de animais non desexados e pensamos nas consecuencias do uso de insecticidas e como afectan eses produtos aos cultivos e a agua. Para iso, observamos a través de diferentes EXPERIMENTOS como é o ciclo da agua nas plantas e como lles afecta a CONTAMINACIÓN:

(@ospitinos BY-NC-SA)


6. CONSULTAMOS A PRENSA E ESCOLLEMOS NOVAS que tratasen sobre as hortalizas. Pensamos que quere dicir o seu titular, así como se configura unha nova. Posteriormente, tentamos ser xornalistas e facemos as nosas propias novas.

(@ospitinos BY-NC-SA)

7. Por outra banda, continuamos pensando en como construír un horto e en que elementos precisamos, entre eles, un ESPANTALLO, empregando o conto "Espantallo amigo" da Editorial Kalandraka, e decoramos a porta da nosa aula con dita temática.

(@ospitinos BY-NC-SA)

8. Continuando coa formación de como cultivar unha horta, INVITAMOS A NAIS E PAIS EXPERTOS na materia para que nos aconsellasen que pasos son necesarios para conseguir o noso obxectivo. Deste modo, realizaron diferentes relatorios nos que trataban diferentes procesos que foron necesarios seguir nunha futura horta:

(@ospitinos BY-NC-SA)

9. Xa preparados para CONSTRUÍR A NOSA HORTAanalizamos e escollimos os APEIROS de labranza mais axeitados para as nosas circunstancias.

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)
A continuación, decidimos cal sería o lugar onde iríamos a plantar, para que, posteriormente, coa axuda dos nosos/as mestres/as arranxásemos o terreo.

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)
TRANSPORTAMOS OS BROTES que imos plantar, e limpamos o terreo de malas herbas.

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)
FACEMOS BURATOS na terra e introducimos os brotes nos mesmos, para, despois tapalos con coidadiño con mais terra.
(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)
REGAMOS a cotío e coidamos as plantas.

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)

Por último, COLOCAMOS CARTEIS CIFRADOS CON CÓDIGOS QR. Queredes saber que hortalizas plantamos? Achegarémonos á nosa horta cos nosos dispositivos móbiles e descubriremos grandes sorpresas.

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)


10. Tentamos DECODIFICAR OS CÓDIGOS QR colocados na nosa horta e empregamos as NNTT para aprender. Alén diso, tentamos de rexistrar a experiencia a través de diferentes aparellos tecnolóxicos que nos foron emprestados.

(@ospitinos BY-NC-SA)
(@ospitinos BY-NC-SA)

Posteriormente deixamos constancia do proceso e das nosas aprendizaxes a través da creación de tarefas escritas.
(@ospitinos BY-NC-SA)

11. Reflexionamos sobre que podemos facer unha vez a nosa horta comece a dar os seus froitos, entre elas, facer zume de hortalizas, como é o ZUME DE CENORIA.

(@ospitinos BY-NC-SA)


12. Non nos esquecemos que as hortalizas foron o recurso principal en varias obras de arte creadas por ARCIMBOLDO. Analizamos a súa obra e tentamos de emulalo.

(@ospitinos BY-NC-SA)

13. Continuamos gozando empregando as froitas e as verduras dun xeito divertido. Facemos EQUILIBRIOS E MALABARISMOS con elas.

(@ospitinos BY-NC-SA)

14. Sen esquecernos das NNTT, iniciámonos na lectoescritura co noso ESCORNABOT. Tentamos de construír frases e oracións nas que os elementos protagonistas son as hortalizas da nosa horta.

(@ospitinos BY-NC-SA)

15. Sen esquecernos da EDUCACIÓN EMOCIONAL, observamos como podemos conectar as hortalizas coas nosas emocións, e representar as mesmas, ben artísticamente, en esculturas, como amosalas na nosa faciana ou de xeito oral. Para iso, empregamos o conto, Que tal vexetal? Alimentos con sentimentos.




16. Por último, e ao mesmo tempo que desenvolvimos as actividades anteriormente descritas visualizamos contos, cantigas, poemas, información e xogos varios que compilamos no seguinte SYMBALOO e que a través das nosas redes compartimos coas familias, para que nas nosas casas tamén puidésemos aprender.



En calquera caso, a día de hoxe continuamos conservando e coidando o noso horto, á espera de que dea os seus froitos e por suposto, estamos debatindo que unha vez teñamos as nosas hortalizas, QUE FAREMOS CON ELAS?...


Non queremos pasar a ocasión de agradecer os libros emprestados pola Biblioteca da nosa escola, así como pola Biblioteca Pública Miguel González Garcés, sen os mesmo, estre proxecto non sería posible.