lunes, 19 de diciembre de 2016

ITINERARIO EDUCATIVO: A PREHISTORIA

Nivel: 6º de Educación Infantil

24 alumnos/as

O SER HUMANO NO PALEOLÍTCO


Con motivo de relacionar as nosas aprendizaxes cun proxecto global definido pola Biblioteca Escolar decidimos centrarnos no estudo do ser humano na prehistoria, e mais concretamente, na época paleolítica. De tal xeito que ao longo do itinerario definimos os seguintes obxectivos:

  • Fomentar a cooperación e a creatividade.
  • Adquirir sentido da iniciativa e o emprendemento.
  • Coñecer os rasgos principais do ser humano no paleolítco.
  • Aprenciar as diferenzas entre a Prehistoria e a actualidade.
  • Abrir o centro escolar como espazo de investigación.
  • Respectar e valorar as diferenzas entre sociedades e culturas.
  • Mellorar o nivel das Competencias Básicas.
  • Asociar aprendizaxes e poñelos en práctica.
  • Fomentar a capacidade de observación e análise.


ORGANIZACIÓN DA AULA

Creamos un recuncho de investigación, no cal, compilamos toda a información, libros, obxectos e maquetas. Para esta compilación pediuse colaboración ás familias para que trouxeran recursos que consideraban útiles para o aprendizaxe.


(@ospitinos BY-NC-SA)


Por outra banda, e tentando de dar un enfoque colaborativo dividiuse ao alumnado en tres tribus, seguindo os seguintes criterios:

  • igualdade de xénero.
  • diversidade no aprendizaxe, fomentando a equidade de niveis.
  • evitar a conflictividade social.
  • recunchos establecidos na aula (zona de xogos, zona de arte, zona de quebracabezas, zona de construccións, estanterías, mobles de almacenamento, etc)
  • movilidade das personas dentro da aula

(@helgavr BY-NC-SA)

Alén diso, cada equipo representaba unha tribu cuxo nome correspondía a un animal prehistórico: 

DENTES DE SABRE, MAMUTS E DODOS

Ademais, como espazo de xogo creouse unha caverna, a cal, pouco a pouco fomos adornando segundo avanzabamos nas nosas investigacións.

(@ospitinos BY-NC-SA)


METODOLOXÍA


O enfoque que se pretendeu foi un enfoque didáctico baseado no TRABALLO COLABORATIVO E COOPERATIVO; de tal modo que, as actividades que a continuación se presentan foron desenvolvidas en gran grupo, pequeno grupo, por parellas ou de xeito indivudual, segundo as necesidades das mesmas.

Alén diso, tamén tentouse de desenolver unha metodoloxía baseada no APRENDIZAXE POR PROXECTOS e tentouse respostar ás seguintes preguntas:

  • Que sabemos?
  • Que queremos saber?
  • Como podemos sabelo?
  • Que necesitamos para conseguilo?
  • Como nos organizamos?
  • Que aprendimos?


Por outra banda tentamos de relacionar as diferentes actividades coas competencias básicas e as intelixencias múltiples. 

TAREFAS

1.Creación dun Webmix en Symbaloo como taboleiro de organización de recursos compartido coas familias, o cal, serviu, como guía para ir deseñando os elementos a investigar:




2. O alumnado trouxo á escola diverso material para poder ser empregado dentro da aula. Estes recursos poderían clasificarse en dous grandes grupos: anteriores  e posteriores á presenza do ser humano na Terrra. De tal xeito que reflexionamos sobre que recursos podemos empregar na nosa investigación e cales non, pois incidimos moito en que o ser humano e os dinosaurios non conviviron. Polo tanto, en primeiro lugar, clasificamos o material



(@ospitinos BY-NC-SA)





3. Analizamos as diferentes pinturas rupestres, que pintaban, como pintaban e con que pintaban. Deste modo, chegamos á conclusión de que adornaban as súas cavernas con pinturas, polo tanto, tentaban de representar esceas de caza, animais do contorno e as súas mans (en negativo). Deducimos tamén que pintaban sobre as rochas, con ósos ou con pinceis feitos de paus e crins. Como pintura empregaban pigmentos naturais: como o carbón das lumeradas, terra, entre outros.


(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)

4.  Consultamos os diferentes recursos, observamos as fotografías e tentamos de averiguar como vivían e que empregaban na súa vida cotiá. Deducimos que vivían en cavernas, que cazaban, pescaban e recolectaban comida.

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)

5. Pensamos en como conseguían a comida, e que empregaban para cazar e pescar. Construímos os nosos propios apeiros prehistóricos.

(@ospitinos BY-NC-SA)


6. Analizamos como podían vivir nas cavernas, de que elementos dispoñían e como comían os alimentos. Deducimos que nunha época o ser humano foi capaz de controlar o lume e podelo usar para o seu beneficio: quentar, alumear, cociñar e espantar animais perigosos. Pensamos en como podían conseguir lume: chiscando unhas pedras ou mediante fricción da madeira. Creamos as nosas lumeradas, e de xeito espontáneo xogamos a ser prehistóricos.


(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)

7. Posteriormente, pensamos en que facían cos ósos e coas peles dos animais cazados. Deducimos que podían empregalas para a súa vestimenta e facer diferentes útiles para abrigarse.

(@ospitinos BY-NC-SA)

8. Por outra banda, pensamos que os ósos, ademais de empregalos como apeiros, poderían utlizalos para facer instrumentos musicais tanto de vento como de percusión e procedimos a construír os nosos propios musicais para facer música prehistórica.

(@ospitinos BY-NC-SA)


9. Ademais, construimos xogos con estética prehistórica. Como por exemplo o 3 en raia, aproveitamos a batalla que podían ter os mamuts e os dentes de sabre pola supervivencia e xogamos con botellas de auga cun revestimento destes animais. 

(@ospitinos BY-NC-SA)

10. Para aprender palabras novas relacionadas coa prehistoria, xogamos ao Bingo.

(@ospitinos BY-NC-SA)

11. E como aprendimos un cento de palabras prehistóricas, tentamos de escribilas coa axuda do escornabot. Neste caso, empregamos a robótica como recurso para consolidar os nosos aprendizaxes. Escollemos ás sortes unha tarxeta, miramos como se escribe e facemos que o escornabot avance cara os cadros onde están as letras da nosa palabra, coa vantaxe de que temos a grella do comodín que vale por calquera letra.

(@ospitinos BY-NC-SA)

12. En calquera caso, pensamos como é posible que saibamos tantas cousas sobre a Prehistoria se nesa época non había libros nin coñecían a escritura. Decatámonos de que é grazas a ciencia da Arqueoloxía, a cal, entre outras cousas analiza os restos fósiles, xacementos e pinturas rupestres. Aprendemos que é un fósil e poñemos en práctica as nosas destrezas como profesionais da investigación arqueolóxica: atopamos un mamut, e cunchas no noso pequeno xacemento.

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)



13. Analizamos as cavernas cuxas pinturas rupestres son as mais importantes da Península Ibérica, como Altamira, así como o Xacemento de Atapuerca e os conxuntos megalíticos mais importantes da cornisa galaica como o Dolmen de Dombate, o cal, fomos visitar.

(@ospitinos BY-NC-SA)


14. Na nosa clase, tentamos de facer o noso propio dolmen e menhir e comprobamos o difícil e increíble que resulta.


(@ospitinos BY-NC-SA)


15. Con motivo da chegada do Nadal e Fin de Ano, tentamos de decorar a nosa escola o mais prehistórica posible.



16. Como reflexo das nosas aprendizaxes deseñamos e realizamos, entre outros, os seguintes traballos escritos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario