jueves, 22 de junio de 2017

ITINERARIO EDUCATIVO-O MERCADO

Nivel: 6º de Educación Infantil

24 alumnos/as

MONTAMOS UN MERCADO


Con motivo de relacionar as nosas aprendizaxes cun proxecto global definido pola Biblioteca Escolar, titulado As plantas que nos rodean, no segundo trimestre decidimos centrarnos no estudo do horto e das hortalizas.  Deste modo, e construíndo un fío conductor dende o primeiro trimestre no que estudamos o Paleolítico, o Neolítico e a Idade dos Metais, relacionámolo cos grandes inventos que se sucederon nesa época,  (a agricultura e a gandería). De tal xeito que, nesta última parte do curso xurdiu o interrogante de que se pode facer cos produtos que cultivamos no noso horto. A resposta levounos a investigar sobre os supermercados e prazas de abastos, de modo que ao longo do itinerario definimos os seguintes obxectivos:

  • Fomentar a cooperación e a creatividade.
  • Adquirir sentido da iniciativa e o emprendemento.
  • Coñecer as tendas e os mercados do barrio.
  • Sensibilizar cara o consumo responsable e o coidado do medio ambiente.
  • Abrir o centro escolar como espazo de investigación.
  • Respectar e valorar as diferenzas entre sociedades e culturas.
  • Mellorar o nivel das Competencias Básicas.
  • Asociar aprendizaxes e poñelos en práctica.
  • Fomentar a capacidade de observación e análise.


ORGANIZACIÓN DA AULA

Aproveitamos a creación do recuncho de investigación, xa elaborado nos anteriores itinerarios educativos, e compilamos diversos recursos que estaban relacionados co obxecto de estudo.

(@ospitinos BY-NC-SA)

Alén diso, continuamos coa división en equipos de traballo, e reorganizámolos en función dos seguintes criterios:


  • igualdade de xénero.
  • diversidade no aprendizaxe, fomentando a equidade de niveis.
  • evitar a conflictividade social.
  • recunchos establecidos na aula (zona de xogos, zona de arte, zona de quebracabezas, zona de construccións, estanterías, mobles de almacenamento, etc)
  • mobilidade das personas dentro da aula

(@helgavr BY-NC-SA)


METODOLOXÍA


O enfoque que se pretendeu foi un enfoque didáctico baseado no TRABALLO COLABORATIVO E COOPERATIVO; de tal modo que, as actividades que a continuación se presentan foron desenvolvidas en gran grupo, pequeno grupo, por parellas ou de xeito indivudual, segundo as necesidades das mesmas.


TAREFAS

1.  PETICIÓN DE COLABORACIÓN ás familias para que achegaran á escola envases baleiros de produtos de alimentación ou doutro tipo. Posteriormente, CLASIFICAMOS ESES PRODUTOS co obxectivo de reflexionar como se organizan nun supermercado, e así, poder XOGAR con eles.

(@ospitinos BY-NC-SA)

2. Creación dos elementos necesarios para poder mercar e vender os artículos que atopamos no mercado e que eran precisos para montar o noso xogo.

(@ospitinos BY-NC-SA)

3. Unha vez que tivemos todo listo para o noso mercado, comezamos a mercar e vender as cousas que trouxemos da casa, e así puidemos practicar todo o que sabemos sobre as matemáticas. Fixemos ata unha FESTA DE INNAGURACIÓN:

(@ospitinos BY-NC-SA)

4. Continuando coa formación de como funciona un supermercado, INVITAMOS A NAIS E PAIS RELACIONADOS CON TENDAS DE ALIMENTACIÓN  para que nos aconsellasen e amosasen como funciona un supermercado. Por outra banda, tamén aprendimos cales son as funcións da xente que alí traballa, e mais concretamente, de toda a formación necesaria para atender aos clientes na peixaría.

(@ospitinos BY-NC-SA)

5. Por outra banda, empregamos numerosos CATÁLOGOS DE ALIMENTACIÓN para aprender a clasificación  dos alimentos e facer a lista da compra.:

(@ospitinos BY-NC-SA)

6. Alén diso, tamén VISITAMOS A PRAZA DE ABASTOS mais próxima á nosa escola:  O MERCADO DE ELVIÑA. Alí, observamos os diferentes postos de alimentación e tendas, como están identificados os alimentos e o seu prezo, así como se respecta a quenda de atención ao cliente, entre outras cousas. 

(@ospitinos BY-NC-SA)

7. Cando decidimos que xa era o momento de pechar o noso mercado, preguntámonos que se podía facer cos restos dos envases e co lixo. APRENDIMOS A CLASIFICAR os envases, os produtos orgánicos, o vidro e o papel. Tamén aprendimos por qué se fai todo iso, así como as tres "R" (reducir, reusar e reciclar):

(@ospitinos BY-NC-SA)



9.  Ao mesmo tempo que aprendimos todo isto sobre o mercado continuamos coidando da nosa horta, e unha vez que conseguimos cultivar diferentes hortalizas, preguntámonos que podiamos facer con elas. A resposta pasou por MONTAR O NOSO PROPIO MERCADO e tentar vendelas. Xa recollidos os produtos que cultivamos no noso ecolóxico horto escolar, invitamos ás familias a achegarse á nosa recreación. Previamente, indicamos o camiño para achegarse ao mercado e elaboramos os carteis cos nomes dos produtos, así como o seu prezo convertido en "euro-pitiños". Repartímonos as tarefas:mentres uns xestionaban a oficiña de troco de cartos, outros encargábanse de atender aos clientes, envolver a compra ou facer o ticket.

(@ospitinos BY-NC-SA)

(@ospitinos BY-NC-SA)


10.  Durante a nosa visita ao mercado aprendimos moitas cousas sobre os postos de alimentación e as persoas que os rexentan, polo que decidimos crear os nosos propios contidos, é dicir, creamos e compartimos coñecemento. Para iso, empregamos as Novas Tecnoloxías, entre elas, dispositivos móbiles emprestados cos que gravamos diferentes vídeos con toda a información que sabiamos sobre os comerciantes e as súas tendas.


(@ospitinos BY-NC-SA)

Unha vez editados os vídeos, encriptámolos nuns CÓDIGOS QR  que plasmamos nuns carteis, e así poder codificalos cos nosos dispositvos.

(@ospitinos BY-NC-SA)

Finalmente, voltamos ao mercado e amosamos aos comerciantes as nosas creacións. Alén diso, tamén lles ensiamos como empregar os seus dispositivos para poder acceder aos contidos. A nosa intención é que o noso traballo estea exposto nas súas tendas e que a información que contén poida ser consultada por toda a comunidade.

(@ospitinos BY-NC-SA)

11.  Por último, e xa case no verán, continuamos recollendo produtos da nosa horta, mais concretamente, amorodos. Neste caso, non os puxemos á venda e gardámolos no conxelador para facer XEADO DE AMORODO. Misturamos os nosos amorodos xeados con iogur, azucre e batímolo.

(@ospitinos BY-NC-SA)

No hay comentarios:

Publicar un comentario