domingo, 30 de octubre de 2016

INVESTIGACIÓN XORNALÍSTICO-DEPORTIVA

EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE XÉNERO

-Nivel Educativo: 5º de Educación Infantil.

Decidiuse desenvolver unha pequena investigación que se baseaba en observar, que, cantas e cales novas de caracter deportivo aparecían nos xornais que o alumnado trouxo á escola. Unha vez identificadas as novas, recortáronse e organizáronse segundo os deportes dos cales aparecían plasmados. A continuación, cuantificaronse cantas novas había de cada deporte e rexistráronse nun diagrama. Por outra banda, fíxose o mesmo segundo aparecían homes e mulleres. As conclusións ás que se chegaron foron as seguintes:

-O fútbol era o deporte máis numeroso.
-Varios deportes que eran do interese do alumnado non aparecían nas novas.
-Os homes deportistas eran amplamente maioría fronte as mulleres.

Reflexionamos sobre o tema, e algúns opinaron que esta situación non lles parecía xusta, de tal xeito que decidiron que deberíase tomar unha solución. Tivéronse en conta varias opcións, entre elas: enviar unha carta, chamar por teléfono, mandar un whatsapp, enviar unha postal, aos medios de comunición; para que tomaran conciencia de tal situación. Finalmente, decidiuse gravar un vídeo coas nosas peticións e compartilo. Non todo o alumnado quixo participar na elaboración do mesmo, polo que os rapaces e rapazas que aparecen fixéronno de xeito voluntario.





No hay comentarios:

Publicar un comentario